domingo, 4 de xuño de 2017

ANDAINA PEREIRA DE MONTES 2017

II Andaina Popular
9 de xullo
Inscrición: formulario
669 624 832 (Luís)
678 655 742 (Sara)
antes do venres 7
______________________________________________________________________________


A Comisión de Festas de Pereira 2017 organiza o día 9 de xullo de 2017 unha andaina popular na aldea de Pereira de Montes (A Merca).



Para poder facilitar a participación de todo o mundo, dende rapaces ata xubilados, deseñamos dous percorridos con dificultades e distancias adaptadas para cada público. Así que teremos duas rutas: A ruta longa e outra ruta curta. As dúas andainas terán inicio e final no mesmo punto, e compartiran tramos conxuntos. O prezo será de 5€, ou de 15€ se queres quedar a comer ao rematar a andaina. Podeste inscribir neste formulario cos teus datos.

HORA
A entrega de dorsais, será no campo do Pereiriño, a partir das 8h30 e a saída da andaina será ás 9h00. 

RUTA LONGA

A ruta longa ten unha lonxitude total de 17 km, cunha dificultade media. 
A andaina comezará no campo do Pereiriño, lugar onde se celebrarán os eventos deportivos ese fin de semana e a festa os días 14, 15 e 16 de xullo. Pasaremos por a Barreira, unha zona de extracción de barro utilizado para facer ladrillo e que poderemos visitar. Atravesaremos toda a aldea pasando por distintos elementos culturais de gran importancia no pasado, como son fornos comunais, canastros, fontes, a igrexa e cemiterio... No punto máis baixo do percorrido atravesaremos A Pradeira, unha zona de pastos que chama a atención pola mestura de vexetación autóctona, onde se pode ver gran cantidade de fauna, coma corzos, xabarís, raposas e paxaros. Na parte máis elevada, chegaremos á base de helicopteros que a Xunta ten no monte do Castro, adicados á extinción de incendios no verán, e que chama a atención polo preto que están os helicópteros. O punto máis alto, de máis de 600 metros, conséguese no Outeiro do Castro, a elevación máis alta da zona, coronada cunha torreta metálica de vixilancia, dende a que se pode observar gran parte da provincia de Ourense. A partir deste punto, a baixada será continúa para rematar no punto de orixe.

RUTA CURTA

Esta ruta é de 8 km e a dificultade é baixa. 
No inicio comparte ruta coa andaina longa e á chegada á igrexa, toma un camiño paralelo ao río ata chegar a un depósito de auga usado para abastecer aos helicopteros. Dende alí, volverase ao punto de inicio.


PREZO
O prezo para participar será de 5€ para calquera das rutas. Neste prezo inclúese un avituallamento. Ao finalizar a andaina, haberá unha comida popular. Para quedar a comer, o prezo da andaina e a comida será de 15€.

Agradecemos que o pago se faga cun ingreso na conta de ABANCA ES79 2080 0439 44 3000 17024, indicando o nome.

Moitas grazas!



4 comentarios:

  1. HBerá que facer algunha das dúas. Parabéns pola idea!

    ResponderEliminar
  2. Hay posibilidade de facer a andaina correndo?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Claro! cada un fará a andaina ao ritmo máis axeitado ás súas capacidades! Pero correndo non contemplarás do mesmo xeito a paisaxe... :)

      Eliminar